Toma de posesión do novo decano de Humanidades

La Voz

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

Gonzalo Francisco Fernández Suárez substitúe no cargo a Isabel González

16 oct 2019 . Actualizado a las 18:58 h.

«A Facultade de Humanidades é en certa medida depositaria e dá continuidade á tradición dos estudos e da formación de corte humanística que comezaron a impartirse na cidade de Lugo a cabalo dos séculos XV e XVI e cuxo nacemento ten unhas raíces parellas ao da propia USC», salientou o profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas do Departamento de Historia da USC e integrante do grupo de investigación Atalaia, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, no seu acto de toma de posesión como decano da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, unha concorrida sesión académica presidida polo reitor da USC, Antonio López, quen salientou a “transversalidade da súa formación” como unha das fortalezas dun centro universitario lugués, no que se imparten un título de grao, o Máster en Servizos Culturais e un programa de doutoramento internacional. O novo decano substitúe no cargo a Isabel González.

ALBERTO LÓPEZ