Román Rodríguez pon en valor o importante papel da dixitalización para fortalecer a xestión cultural

noticia-06-07-22

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou hoxe o importante papel da dixitalización á hora de fortalecer a xestión cultural e axudar aos profesionais a adaptarse aos novos contextos económicos e sociais. Así o declarou durante a presentación do libro La gestión cultural en la era digital, de Gonzalo F. Fernández-Suárez e Mª Dolores Fernández-Tilve, na Facultade de Humanidades de Lugo, ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Write a comment